INICIACIÓN AO "VOLEIBOL" 2º trimestre 2018


 


 
VÍDEOS INICIACIÓN

TOQUE DE DEDOS


TOQUE DE ANTEBRAZOS


SAQUE ALTO


SAQUE BAIXO E  SAQUE ALTO


DEBUXOS ANIMADOS BREVE EXPLICACIÓN


OSO BERNI VOLEI PLAYA



TECNICA BASICA


O TOQUE DE DEDOS ou COLOCACIÓN é un elemento técnico moi importante que é a base do xogo de ataque. Xeralmente é o 2º toque de cada equipo (pase colocación) e é o pase co que se consegue maior precisión.

Para poder realizar un pase de dedos téñense que dar dúas condicións básicas:
- Que o balón nos chegue máis alto que a cabeza.
- Que o balón nos chegue con pouca velocidade.

Descrición técnica:

1.- Antes do contacto co balón: Elevar os brazos flexionados cos cóbados máis altos que os ombreiros. As mans deben estar diante e máis altas que a fronte e as bonecas en flexión dorsal.
 Os dedos deben estar separados e case estendidos.

2.- Contacto co balón: O toque de balón realízase preto e por encima da fronte, coas mans abertas en forma de copa, ofrecendo ao balón unha superficie cóncava na que os dedos índices e pulgares forman un rombo ou un triángulo, mantendo o contacto visual co balón.
O contacto co balón realízano só e exclusivamente as xemas dos dedos (falanxe distal)

3.- Amortiguación da traxectoria do balón: A medida que o balón se aproxima ao xogador este acompaña a traxectoria descendente cunha flexión das articulacións dos cóbados, cadeira, xeonllos e nocellos, mantendo a tensión na articulación das bonecas. No momento do contacto os cóbados teñen un ángulo de flexión de 90º. O ángulo formado polas pernas está en función da altura do balón no momento do toque e da distancia á cal se desexa enviar o balón.

4.- Proxección do balón: As cadeas cinéticas dos nós articulares esténdense nunha dirección cara arriba e cara adiante dependendo da traxectoria (altura e dirección) desexada. A partir da posición correcta de contacto co balón, por diante e encima dos ollos, os ángulos de extensión das articulacións inciden sobre o tipo de traxectoria desexada: - Traxectoria vertical ou parábola alta: empuxe próximo á vertical utilizando as pernas e os brazos. - Traxectoria tensa, paralela ao chan: empuxe horizontal a partir dos ombreiros ata as bonecas.


Tamén podemos dividir os tipos de pase de dedos en función da posición do corpo e a dirección da bóla tras o toque:

- Frontal ou cara adiante.
- De costas ou cara atrás.
- Lateral.

Comentarios