O FLOORBALL EN ABELENDO
O Floorball ou unihockey é un deporte de equipo, practicado en pista
cuberta. O obxectivo do xogo é meter unha pelota plástica na portería
contraria usando un bastón lixeiro. Ambos os equipos teñen cinco xogadores e
un porteiro na pista. As regras do floorball son bastante parecidas ás
do hockey sobre xeo, aínda que con algunhas diferenzas evidentes. É un
xogo rápido, e é popular como un deporte competitivo así como para
manter a forma física.
ACCIÓNS PERMITIDAS
- Xogar a bóla con calquera parte do stick. - Parar a bóla co stick, o pé ou o peito. - Dirixir a bóla co pé cara ao stick. - Xogar co apoio das bandas laterais.
ACCIÓNS NON PERMITIDAS
- Elevar o stick por encima do xeonllo. - Parar a bóla coa cabeza ou a man. - Pasar a bóla a outro compañeiro co pé. - Xogar a bóla tombado no chan. - Empuxar a un adversario. - Enganchar o stick dun contrario. - Elevar a bóla por encima do xeonllo.
ACCIÓNS NON PERMITIDAS CASTIGADAS CON PENALTI
- Zancadillear a un contrario co stick. - Lanzar o stick. - Mover a portería para evitar un gol.
VÍDEOS NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA
MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO NOS SEGUINTES ENLACES.
RESUMO DAS REGRAS DO FLOORBALL
ENLACE DAS REGRAS COMPLETAS
APUNTES E CURIOSIDADES
VÍDEOS DE FLOORBALL
TRUCOS MOI MOLONES
A PARTIR DE ABRIL COLGAREMOS NO CANAL DE YOUTUBE DE E.F OS VÍDEOS DOS ALUMNOS XOGANDO A ESTE DEPORTE.
MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS
Saudos profe Manel.
Comentarios
Publicar un comentario