ACTIVIDADES ACUÁTICAS CURSO 2017/2018
ACTIVIDADES ACUÁTICAS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Durante os pasados días 9 e 16 de Abril os alumnos de 6º de Educación Primaria fixeron dúas sesións de Educación Física nas instalacións muicipáis de Moaña (escola de natación), actividade guiada por monitores onde os alumnos puideron iniciarche na natación, desenvolvendo uns niveis e habilidades mínimas os cales permitiránlles avanzar ou afianzar os seus coñecementos previos para poder seguir evolucionando por todos os niveis de natación.
OBXECTIVOS DAS SESIÓNS:
1.Vencer o medo á auga, (no caso de que se presente a situación) como principal obxectivo para poder seguir traballando na evolución acuática.
2.Aprender a controlar a respiración lateral e frontal no medio acuático para a súa posterior utilización en cada un dos estilos.
3.Controlar o corpo na flotación dorsal e ventral para un maior dominio corporal na auga.
4.Asimilar a patada técnica de crol e costas procurando realizar unha boa propulsión.
5.Iniciar a técnica correcta dos brazos nos estilos de crol e costas.
6.Coordinar correctamente os brazos, pernas e respiración nos estilos de crol e costas.
7.Aumentar a resistencia cardio-respiratoria nos ámbitos aeróbicos e anaeróbicos.
Comentarios
Publicar un comentario