Xogamos ao BRILÉ na actualidade.....

O Brilé Material: Patio, ximnasio.
Participantes: Dous grupos iguais no número de participantes.

Material: conos ou marcadores para delimitar o terreo, pelota de goma blanda, pelota de esponxa, de trapo.....material blando para non facer dano a ningún compañeiro/a. Desenvolvemento:
Divídese en dous partes iguais a cancha, desde o centro á dereita colócase un equipo e desde o centro á esquerda colócase o outro equipo, deixando en ambos os lados un espazo sinalado (cemiterio ou zoa de brilado), para os brilados de cada equipo.

Lánzase a pelota ao aire, o equipo que consiga collela é o que comeza o xogo. O equipo que posúa a pelota lanzaraa contra o equipo contrario tratando de dar algún compoñente, tratando de que non a colla, se a colle directamente lanzará o equipo contrario, se cae ao chan tras recibir o pelotazo está eliminado e pasase á zona de brilados detrás do equipo contrario. O xogo continúa mentres queden xogadores dun equipo non brilados, a pelota pódena lanzar desde os non brilados aos brilados para tratar de eliminar aos contrarios. Agora mostrámoslles un exemplo de como xogan ao brilé , os alumnos de SEGUNDO de Educación Primaria do CEIP de ABELENDO:










Comentarios